A festa de san Roque, patrón dos peregrinos, celebrarase o próximo 16 de agosto e, na cidade olívica, a parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita prepárase para vivir esta festividade cunha romaría que terá lugar na capela do Pazo do santo.
Desde o pasado domingo 7 de agosto e ata o mércores 17 de agosto, haberá rezo do rosario ás 17:30 horas seguido da novena e a eucaristía ás 18 horas. O luns 15, ás 10 horas, haberá misa no templo parroquial de San José Obreiro e Santa Rita, seguida de procesión coa imaxe da Virxe que irá ao encontro de San Roque á capela do Pazo.
O martes 16, festa do patrón dos peregrinos, celebraranse eucaristías durante toda a mañá ás 8, 9, 10, 11 e 12 horas; esta última será a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza. Pola tarde, tamén haberá misas ás 17 e 18 horas. O mércores, 17 de agosto, celebrarase unha eucaristía solemne ás 12 horas polos defuntos da Irmandade de Devotos de San Roque, coa posterior procesión.
O templo parroquial permanecerá pechado durante a xornada do 16 de agosto, aínda que permanecerá o hall aberto para todas aquelas persoas que se acheguen a ter un intre de oración. O luns e martes, a capela do Pazo permanecerá aberta ata as 21 horas.