O domingo, 15 de xaneiro, a parroquia de San Pedro de Matamá celebra a romaría en honra a Santo Mauro con misas ao longo de todo o día na capela dedicada ao santo: pola mañá, ás 9, 10, 11 e 12 horas; e, pola tarde, ás 17 e 18 horas. Ás 12 horas, será a misa solemne no templo parroquial de San Pedro de Matamá —previamente, a imaxe do santo será trasladado da capela ao templo parroquial—, que contará coa colaboración da coral Atlántida de Matamá , na dirección do canto.
O venres, 6 de xaneiro, comezou a celebración da novena co traslado da imaxe do santo desde a capela ata a igrexa parroquial, onde se reza a novena na eucaristía diaria das 18.30 horas. A véspera da romaría, é dicir, o sábado 14 de xaneiro, a imaxe do santo será trasladada novamente á capela, ao termo da misa.
Desde a parroquia de San Pedro de Matamá, lembran que o domingo 22 e o 29 de xaneiro tamén haberá misas en honra ao santo: pola mañá, ás 10 e 12.30 horas; e, pola tarde, ás 18 horas.