A festa de santo Roque, patrón dos peregrinos, celebrarase o próximo 16 de agosto e, na cidade olívica, a parroquia de San José Obreiro e Santa Rita prepárase para vivir esta festividade cunha romaría que terá lugar na capela do Pazo do santo.
Desde o luns 7 de agosto e ata o martes 15 de agosto, haberá rezo do rosario, novena e misa: de luns a venres, as celebracións comezarán ás 18.30 horas, mentres que o sábado e o domingo, comezarán ás 17.30 horas. O martes 15 de agosto, solemnidade da asunción da virxe María, ás 10 horas, haberá misa no templo parroquial de San José Obreiro e Santa Rita, seguida de procesión coa imaxe da virxe que irá ao encontro de San Roque á capela do Pazo, onde está previsto celebrar a eucaristía ás 11 horas.
O mércores 16, festa do patrón dos peregrinos, haberá misas durante toda a mañá ás 8, 9, 10, 11 e 12 horas. Pola tarde, tamén haberá misas ás 17 e 18 horas. O xoves, 17 de agosto, celebrarase unha eucaristía solemne ás 12 horas polos defuntos da Irmandade de Devotos de San Roque, coa posterior procesión. O templo parroquial permanecerá pechado durante a xornada do 16 de agosto, aínda que permanecerá o hall aberto para todas aquelas persoas que se acheguen a ter un intre de oración. O martes e mércores, a capela do Pazo permanecerá aberta ata as 21 horas