O xoves 15 de agosto, coincidindo coa solemnidade da Asunción da Benaventurada Virxe María, ás 19.00 horas, a parroquia de San Miguel de Oia, en Vigo, organiza un encontro ante a virxe da Roca en Baiona, para rezar o rosario en familia, intercedendo de forma especial por todas as familias do mundo.
José Benito Rodríguez, párroco de San Miguel de Oia, explica que «é unha convocatoria aberta para matrimonios con fillos, na que rezar o rosario, compartir testemuños e ferramentas para coidar e fortalecer tanto a vida familiar como a espiritualidade conxugal». Este encontro, que, desde hai tempo, convócase cada verán no mes de agosto, «brota da beleza do sacramento do Matrimonio vivido de modo activo nas parroquias, nos diferentes movementos e experiencias que a Igrexa propón para buscar a santidade». Nesta ocasión, a proposta enmárcase dentro do Ano da Oración convocado polo papa Francisco para a preparación do Xubileu 2025 en Roma, que se celebrará baixo o lema «Peregrinos de esperanza».