9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Sábado Santo: noite de salvación e vida eterna

Sábado Santo: noite de salvación e vida eterna

Onte, sábado 3 de abril, o bispo de Tui-Vigo presidiu a Vixilia Pascual na Concatedral-Basílica ás 19:30. Quen acudiu a este encontro, viviron o inicio da celebración desde os seus asentos mentres no atrio da igrexa o bispo bendicía o lume co que se acendería o  cirio  pascual que un do vos  diáconos portaría ata o altar.

O párroco da basílica de Santa María de Vigo, Moisés Alonso Valverde, entoou o pregón  pascual que, ao termo, daría comezo á liturxia da Palabra que, habitualmente, conta con sete lecturas do Antigo Testamento e sete  salmos que lembran as marabillas que Deus fixo a favor do seu pobo.

Durante a súa homilía o bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro expresou que, mediante a Vixilia  pascual, «a Igrexa convídanos a celebrar esta gran noite definitiva na que Deus salvou ao mundo e deunos a vida eterna». Baixo esta premisa, indicou que a liturxia da vida cristiá é unha conmemoración desta noite  pascual que manifesta a memoria permanente da fe.

Con esta celebración, a Semana Santa chega ao seu fin para dar comezo á Pascua, un tempo no que, durante 50 días, a Igrexa lembra a Resurrección de Xesús. Por tanto, trátase dun tempo que ha de ser celebrado con alegría e  exultación coma se tratásese dun só e único día festivo, máis aínda, como un gran domingo tal e como lembra San  Atanasio.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp