26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

Sabías que hoxe se celebra o 170 aniversario do noso Seminario Menor de Tui?

Sabías que hoxe se celebra o 170 aniversario do noso Seminario Menor de Tui?

Un día como hoxe, hai exactamente 170 anos, inaugurábase o Seminario de Tui. Desde entón, os muros de pedra acolleron a miles de mozos de maneira ininterrompida. Moitos deles ordenaríanse sacerdotes, outros continuarían a súa vida como  seglares.

Ademais de ser o 170 aniversario deste edificio, o Seminario Menor de Tui abriu as súas porta a un novo reitor: don Antonio  Menduiña, quen tomaba posesión do seu cargo o pasado xullo. Durante o verán comezou a preparación deste novo curso escolar que se presenta con centos de retos e coa incerteza provocada polo coronavirus.

En pleno 2020, este edificio atópase en proceso de modernización, pois se trata de «un lugar centenario, con necesidades  millenials», explicaba o administrador, don Alberto Montes. E parece que, polo momento, están a conseguilo porque ao longo dos corredores as lousas magnéticas conviven cos anchos muros de pedra, e cos computadores de mesa de cada aula.

Pero no medio de todo iso, asómanse con disimulo: frechas que indican o sentido polo que se ha de camiñar; carteis que establecen o número de persoas que han de entrar en cada sala; botes de xel  hidroalcohólico nas portas para  desinfectar as mans; ou pupitres “nominais” que gardan a distancia de seguridade.

O COVID-19 irrompeu no Seminario Menor como no resto da diocese para desbaratar a programación desenvolvida para celebrar este 170 aniversario. Os actos previstos para este ano canceláronse e, máis aló do claustro de profesores ou das familias dos seminaristas, ninguén lembra estes aniversarios.

Pero, como é en realidade a vida do Seminario Menor? Como viviron os meses de confinamento? Que plans hai para o futuro da man deste novo reitor? Para responder a todas estas preguntas, ninguén mellor que o equipo que traballa man a man no centro: María José González, profesora e secretaría; don Alberto Montes,  formador e administrador; e don Antonio  Menduiña, reitor desde xullo de 2020.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp