10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Salceda de Caselas  acolle a II «Andaina solidaria» de Cáritas Val dá Louriña

Salceda de Caselas  acolle a II «Andaina solidaria» de Cáritas Val dá Louriña
FOTO.- Representantes de Cáritas Val da Louriña y de los concellos implicados presentan la II «Andaina solidaria» | © Diocese Tui-Vigo.

O sábado 14 de setembro , ás 09.30 horas, Salceda de Caselas  acolle a II edición da «Andaina solidaria» que promoven as Cáritas parroquiais do arciprestado da Louriña, co obxectivo de recadar fondos para continuar desenvolvendo os proxectos que levan a cabo desde a organización caritativa da Igrexa. A iniciativa, que se puxo en marcha o pasado mes de abril, conta coa colaboración de diversas empresas e dos concellos do Porriño, Mos e Salceda de Caselas .

O roteiro dará comezo na igrexa parroquial de Santa María de Salceda de Caselas  e contará coa colaboración do voluntario Marco A. Riveiro que, durante o percorrido, ofrecerá diversas explicacións históricas. Ademais, ao terminar, os participantes poderán gozar dunha degustación de callos na Praza  do Concello.

A inscrición ten un custo de 5 euros para todas as persoas maiores de 14 anos —os menores de 14 participan gratis—. Tamén se aceptan donativos a través do número de Bizum 08323, baixo o concepto «Andaina». As persoas interesadas en participar poden inscribirse ou solicitar máis información no número de teléfono: 662 45 58 15.

Francisco Ojosnegros, párroco de Santa María en Salceda, explica que a iniciativa «unificou á xente, porque está pensada tanto para xente maior, como para mozas e mozos ou familias con nenos; neste sentido, é unha andaina sinxela para que todo o mundo poida participar, compartir e sensibilizarse de que Cáritas non queda pechada na igrexa, senón que temos máis actividades e podemos colaborar coa entidade doutras formas. Por outra banda, é unha forma de dar a coñecer a actividade de Cáritas en toda a zona, en todo o Val dá Louriña». Cáritas atende na Louriña a 70 familias. Co obxectivo de centrar a atención na persoa, recentemente cambiou o seu tradicional modelo de axuda social de doazón de alimentos e roupa por un novo sistema de entrega de tarxetas económicas. Deste xeito, conséguese dignificar o proceso de atención, mellorando así a resposta ás necesidades e particularidades dos usuarios e usuarias. Ademais, nas parroquias de Salceda de Caselas , O Porriño e Mos, ofrecen talleres de formación e procura de emprego, atención a maiores ou clases de costura.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp