8 de Febreiro de 2026,
San Jerónimo Emiliani

Salvaterra acolleu ao seu novo párroco

Salvaterra acolleu ao seu novo párroco
FOTO.- De izq. a drcha..: Santiago M. Fernández, Mons. Antonio Valín, y Sergio Gómez —anterior párroco de Salvaterra—, junto a los monaguillos de la parroquia | © Finito Reigada

O domingo 2 de marzo, ás 11.30 horas, no templo parroquial de Salvaterra de Miño, o sacerdote Santiago Manuel Fernández Alarcón tomou posesión do seu novo cargo á fronte da parroquia salvaterrense, responsabilidade que compaxinará como párroco doutras cinco comunidades: Corzáns, Fiolledo, Oleiros, Pesqueiras e Tortoreos. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidiu a eucaristía acompañada tamén polo anterior párroco, Sergio Gómez Núñez.

Natural de Madrid, Santiago Manuel Fernández Alarcón recibiu o sacramento da Orde Sacerdotal o 30 de xuño de 2013, na catedral de Tui. Ademais de estudar Teoloxía, desde 2022, é graduado en Psicoloxía pola Universidade Católica Santa Teresa de Xesús de Ávila. O seu ministerio sacerdotal desenvolveuno en Filgueira,  Angudes, Rebordechán, Sandelle, Areas, Malvas, Amorín, Currás e Pexegueiro.