8/12/2022

,

Inmaculada Concepción de Nuestra Señora
8/12/2022

,

Inmaculada Concepción de Nuestra Señora

San Antonio da Florida celebra a Pascua cun concerto

San Antonio da Florida celebra a Pascua cun concerto

O vindeiro luns, 26 de abril, ás 20:45 horas da tarde ao termo da eucaristía, a parroquia viguesa de San Antonio da Florida ofrecerá un concerto de Pascua interpretado por alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, en concreto do departamento de vento-madeira.

Desde hai varios anos, a parroquia colabora cos alumnos do conservatorio que, ao longo do ano, preparan diversos concertos en datas sinaladas como Nadal ou Coresma que, este último ano, víronse suspendidos debido á pandemia do covid-19. Agora, nun tempo tan esperado como a Pascua, esperan retomar de novo estas citas.

A través desta iniciativa, a comunidade parroquial de San Antonio da Florida quere crear espazos de encontro que poidan abrir o diálogo entre fe e cultura, á vez que ofrecen oportunidades a mozos músicos de poñer en práctica as súas habilidades favorecendo ademais o seu crecemento persoal e profesional.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp