1/12/2022

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui
1/12/2022

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui

San Xosé, patrón dos Seminarios

San Xosé, patrón dos Seminarios

O vindeiro venres 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, celébrase en España o Día do Seminario.

O lema escollido pola Subcomisión Episcopal de Seminarios da Conferencia Episcopal Española foi «Pai e irmán, como  san Xosé».

Este ano, o Día do Seminario celébrase, se non con máis razón, polo menos con maior forza grazas á publicación realizada polo papa Francisco o pasado 8 de decembro de 2020, na que declaraba 2021 como Ano Xubilar de  san Xosé, patrón dos seminarios. Este anuncio non foi casual pois coincidía co 150 aniversario da declaración realizada por Pío IX na que proclamaba a  san José como patrón da Igrexa católica.

A Subcomisión Episcopal de Seminarios da CEE, que escolleu como lema ««Pai e irmán, como  san Xosé», preparou uns materiais que poden axudar ás diferentes comunidades cristiás —parroquias, movementos, seminarios, delegacións diocesanas, etc.— a celebrar  e visibilizar o traballo realizado por estas institucións eclesiais encargadas de formar aos sacerdotes do presente e do mañá.

A reflexión teolóxico pastoral comeza remarcando o carácter especial da xornada deste ano e afirmando que «os seminarios estamos de parabén, pois vivimos na confianza de saber que  san Xosé é tamén patrón dos seminarios e pai dos seminaristas». Tal e como explica o documento, na actualidade a figura de  san Xosé ten un valor especial pois «como pai xudeu  encargado da educación do seu fillo foi “o primeiro  formador” dun seminario».

Os materiais da Conferencia Episcopal Española poden descargarse, tanto en español como en galego, a través das seguintes ligazóns.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp