19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

San Martiño de Barcia de Mera despide o seu XII Ciclo de Música Relixiosa

San Martiño de Barcia de Mera despide o seu XII Ciclo de Música Relixiosa

Despois dun verán cargado de concertos en San Martiño Barcia de Mera,  o XII Ciclo de Música Relixiosa leva ao seu fin este sábado 19 de setembro ás oito e media da tarde. Os encargados de clausurar este ciclo serán os integrantes do trío Contrastes, que interpretarán obras de  Bach, Haydn, Beethoven,  Boccherini e  Rosinskij.

Este concerto, organizado pola Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera, será de aforo reducido. As entradas poderán reservarse chamando ao número de teléfono: 658 627 525.

XII Ciclo de Música Relixiosa

O Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera, que este ano celebra a súa duodécima edición adaptado á actual situación sanitaria, ofrece un amplo programa de música clásica que se desenvolveu ao longo dos meses de verán na igrexa barroca do mesmo nome, no concello pontevedrés de Covelo.

Trátase dun ciclo de concertos que permite converter o templo de Barcia de Mera nun punto de encontro para os afeccionados á música clásica, pero tamén favorece que outra xente poida realizar un primeiro achegamento a estas obras, ás que non sempre foi fácil o acceso.

Concretamente, a  XII edición contou con seis concertos e a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo. Así, o recital de que puxo en marcha este ciclo correu a cargo do Trío Schubert que interpretou pezas dos compositores Franz Schubert e  Ludwig van Beethoven. Continuou o 11 de xullo con Atlantic Mozart  Flute  Quaret e, o día 18, co Dúo Basso allo Moda. Xa en agosto actuaron na igrexa de Barcia de Brétema o Cuarteto  Claretino (día 15) e o grupo  Vox  Stellae con Cásoo  Aleotti.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp