29 de Abril de 2025,
Santa Catalina de Siena

San Miguel de Pereiras recibe ao seu novo párroco, don David López

San Miguel de Pereiras recibe ao seu novo párroco, don David López

Onte, a parroquia de San Miguel de Pereiras celebraba as festas grandes do seu patrón o arcanxo San Miguel. A esta celebración sumábase tamén a toma de posesión do seu novo párroco, don David López.

A Eucaristía foi presidida polo Vigairo de Pastoral, don José Vidal, quen puxo de manifesto que o párroco, como os arcanxos, é o que defende, o que anuncia e o que cura. Don José pediu a colaboración da comunidade, xa que «o párroco nada pode, se non é coa colaboración da parroquia».

Antes da bendición, don David recibiu as chaves do sagrario e manifestou o seu saúdo afectuoso a toda a parroquia. Alí, ofreceu a súa dedicación á comunidade e declarou que tentará ser xusto coas catro parroquias que ten ao seu cargo.

Coa celebración de onte, don David finalizaba a toma de posesión dos seus catro novas parroquias: San Mamede de  Petelos, Santa Baia de Mos, San Mamede de Torroso e San Miguel de Pereiras.