O vindeiro martes, 6 de xullo, cúmprense 25 anos da creación do templo parroquial de San Rosendo de Torneiros. Con motivo desta efeméride, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía dese mesmo día, martes, ás 19 horas. Posteriormente, ás 20 horas, haberá un Ciclo de música medieval non Camiño a cargo de Esperanza Mara, organizado pola Concellería de Cultura do concello para conmemorar este 25 aniversario. O acto finalizará cun pequeno ágape de agradecemento.
No ano 1994, o bispo emérito, Mons. José Cerviño, decretou a constitución dunha nova comunidade parroquial na contorna de Torneiros para responder as necesidades que demandaba a sociedade daquel momento. Así, iníciase a construción dunha nova igrexa que vería a luz dous anos máis tarde, o 6 de xullo de 1996, data na que o bispo bendiría o templo dedicado a San Rosendo, primeiro santo galego.