O Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo honrou a San Tomé de Aquino, patrón dos teólogos, cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, marcada por unhas novas restricións que, entre máscaras e distancia social, non impediron que Cristóbal Colón se convertése, xunto co santo do século XIII, en protagonista desta xornada gracias a conferencia impartida por Luís Pose.
A capela do Seminario Maior acolleu este acto que contou con apenas unha vintena de participantes entre sacerdote, acólitos e fieis; un acto no que o pastor da Igrexa diocesana convidou a ler a contorna e interpretala sendo fiel ás particularidades do contexto actual marcado polas dificultades da pandemia, como Santo Tomé de Aquino que «viviu no seu tempo e desde o seu tempo» e converteuse en luz para os homes da súa época mediante a entrega da súa intelixencia a Deus que, como apunto Mons. Quinteiro, maniféstase como signo visible do máis íntimo de cada persoa á hora de entender o mundo.
Posteriormente, o conferenciante Luís Pose impartiu o relatorio «Cristóbal Colón: primeiro evanxelizador de América» que o director do Instituto Teolóxico, Antonio Menduiña, presentou ante a trintena de espectadores que se conectaron vía streaming para asistir a formación. A exposición deste sacerdote licencia en Historia da Iglesia está dispoñible na canle de YouTube da Diocese de Tui-Vigo para todos aqueles que queiran coñecer un pouco máis da evanxelización durante os primeiros anos de América e a importancia da cristianización na mentalidade do seu protagonista, Cristóbal Colón, quen xunto a Santo Tomás de Aquino poden dar algunhas claves que axuden a laicos e sacerdotes a difundir a misión da Igrexa en (e desde) o contexto actual.














