15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

San Xosé, modelo para os Seminarios e sacerdotes da Diocese de Tui-Vigo

San Xosé, modelo para os Seminarios e sacerdotes da Diocese de Tui-Vigo

O bispo Luís Quinteiro convídanos a «fixar a atención na figura de San Xosé e abrir os nosos ollos ao modelo da súa vida en íntima comuñón coa de Xesús».

Na súa nova carta pastoral anímanos a vivir con maior intensidade o Día do Seminario, que se celebra este venres 19 de marzo.

Marzo pon, na tradición da Igrexa católica, a mirada na figura escondida de  san Xosé, pai adoptivo de Xesús, a quen o papa Francisco quixo dedicar este ano convocando un Ano Xubilar de San Xosé que anunciou o pasado 8 de decembro; data que coincide co 150 aniversario da carta  apostólica de Pío IX na que declaraba a este santo, patrón da Igrexa Universal.

O bispo de Tui-Vigo, con motivo da celebración do Día do Seminario na solemnidade de San Xosé, escribiu unha carta pastoral que pode axudar a penetrarse na figura deste home que «afrontou as dificultades da vida coa humildade, a intelixencia e a valentía dun pai xeneroso».

Co exemplo de San Xosé, os Seminarios han de converterse nun fogar como o de  Nazaret no que se xeste e eduque a misión dos futuros sacerdotes. Neste sentido,  Mons. Quinteiro declara que tanto o  Seminario Menor de Tui como o Maior de Vigo constitúen o corazón da Diocese, cuxa vida e misión é sostida polas familias e catequistas como leito das vocacións consagradas.

Ao termino da súa carta, o bispo de Tui-Vigo lembra a «necesidade de sacerdotes que fagan presente a Cristo, bo Pastor; […] que impulsen, promovan e leven a cabo a inmensa  tarefa da  evanxelización; […] e que teñan coraxe de ir ao encontro dos mozos, dos afastados, dos marxinados». Só así poderá levar a cabo a nova  evanxelización conxuntamente cos  segrares.

CARTA PASTORAL EN PDF

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp