21 de Setembro de 2024

,

San Mateo
21 de Setembro de 2024

,

San Mateo

Santa Catalina, exemplo para non separar filosofía e vida

Santa Catalina, exemplo para non separar filosofía e vida
Foto: De izq. a drcha., Guillermo Rodríguez César, doctor en Teología y profesor en el ITC; Guillermo Juan Morado, director del Centro Teológico «San José» de Vigo.

Con motivo da festa de santa Catalina, o venres 24 de novembro, durante a eucaristía celebrada en honra á patroa dos filósofos, o director do Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo, Guillermo Juan, expresou que «o exemplo de santa Catalina anímanos a non separar filosofía e vida, xa que non é posible coñecer sen vivir, nin vivir sen coñecer. Para ela, como cristiá, a verdadeira filosofía non é outra cousa que o seguimento de Cristo».

Con esta eucaristía, deron comezo os actos en honra á patroa dos filósofos. Durante a súa homilía, o director do centro tamén manifestou que «a razón, a filosofía, non é unha realidade contraria á fe cristiá. Se non unha condición de posibilidade do seu carácter socialmente responsable. O cristianismo ten esta responsabilidade de presentarse na sociedade como algo conforme á razón humana». Ao que engadiu que «santa Catalina estimúlanos a apostar por unha razón aberta, non empequenecida pola mentalidade inmanentista, nin polas estreitezas da lóxica tecnocrática, aberta tamén á revelación que pode ser a estrela da redención, capaz de orientar ao home».

Ao termo da misa, a celebración en honra a santa Catalina continuou no salón de actos do Seminario, onde o doutor en Teoloxía e profesor do Instituto Teolóxico Compostelán, Gonzalo Rodríguez César, impartiu a relatorio «Retos do transhumanismo á fe cristiá», co obxectivo de profundar neste movemento que propugna a superación das limitacións actuais do ser humano, tanto nas súas capacidades físicas como psíquicas, mediante o desenvolvemento da ciencia e a aplicación dos avances tecnolóxicos.

El Centro Teológico «San José» de Vigo celebra la fiesta de Santa Catalina de Alejandría | © Diocese Tui-Vigo
« de 9 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp