16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Santa María do Porriño recibe ao seu novo párroco

Santa María do Porriño recibe ao seu novo párroco
FOTO.- Ángel Bastos, durante la eucaristía en la que tomó posesión de su nuevo cargo

Coincidindo coa festa patronal na honra ao Santísimo Cristo da Agonía, o domingo 28 de setembro, a parroquia de Santa María do Porriño recibiu a chegada do seu novo párroco, o sacerdote Ángel Manuel Bastos Vázquez. A eucaristía solemne na que tomou posesión de novo cargo estivo presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín; ao termo da celebración, a imaxe do Cristo procesionou polas rúas da vila.

Ademais da atención pastoral á parroquia porriñesa de Santa María, Ángel M. Bastos atenderá as parroquias de Santa Baia  de Atios , San Salvador de Budiño , Santa María de Sanguiñeda, San Rosendo de Torneiros  e Santo Estevo  de Cans  —anexo de Santa Baia  de Atios —. Para desenvolver este labor, contará coa colaboración do sacerdote Ángel Carnicero Carrera e do diácono Miguel Fernandes de Andrade, que asistiron tamén á celebración do domingo e que foron nomeados adscritos a estas parroquias.

Ordenado presbítero en Vigo en 1981, Ángel M. Bastos desempeñou o seu ministerio sacerdotal nas parroquias da Lamosa, Covelo, Prado, Godóns, Santa María de Vigo, Valadares e Zamáns. Ademais, tamén foi capelán do Hospital Álvaro Cunqueiro, profesor de Relixión en diversos institutos, director e formador do Seminario Menor «San Paio » e confesor ordinario do Seminario Maior «San Xosé» en Vigo.