O sábado 4 de xullo, ás 20.00 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, viólaa de gamba, Sara Ruiz, protagoniza o cuarto encontro do XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera. As persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.
A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito concertos programados entre o 25 abril e o 12 de setembro. É necesario reservar previamente (donativo: 10 euros). Unha cita imprescindible que segue situando ao concello de Covelo nun referente cultural.