O domingo 7 de xullo, ás 18.00 horas, na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo convida a participar na misa de acción de grazas presidida polo bispo e administrador apostólico, Mons. Luís Quinteiro, para agradecer «os beneficios espirituais recibidos» durante os 14 anos que durou o seu episcopado.
A partir das 18.00 horas poderás seguila en directo a través da canle de Youtube da diocese de Tui-Vigo.
Nunha carta enviada todos os sacerdotes, a Vigairía Xeral expresa que, a este «emotivo momento de encontro e gratitude», está convocado «todo o pobo de Dios que peregrina na diocese de Tui-Vigo: sacerdotes e diáconos, vida relixiosa e consagrada, axentes de pastoral, persoas pertencentes a movementos e, en definitiva, todo o pobo fiel que pon rostros a esta Igrexa». Ademais, tamén convida os fieis a seguir acompañando «a D. Luís Quinteiro, xa bispo emérito, co noso afecto e oración e pedimos á santísima virxe María e a santo Telmo que o continúen asistindo no servizo á súa Igrexa e á nosa diocese».
O 25 de maio, a Nunciatura Apostólica en España deu a coñecer o nomeamento do que será o novo bispo de Tui-Vigo: o sacerdote ribadense, D. Antonio Valín Valdés, ata ese momento vicario xeneral da diocese de Mondoñedo-Ferrol. A ordenación episcopal e toma de posesión está prevista para o sábado 20 de xullo, ás 11.00 horas, na catedral de Tui. Durante este tempo, o papa Francisco designou a Mons. Luís Quinteiro, administrador apostólico de Tui-Vigo.