3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres
3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres

Segue en directo a ordenación episcopal e toma de posesión de D. Antonio Valín

Segue en directo a ordenación episcopal e toma de posesión de D. Antonio Valín

O sábado 20 de xullo, D. Antonio Valín Valdés, bispo electo de Tui-Vigo, recibirá o sacramento da orde episcopal de mans do arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, nunha celebración que terá lugar na catedral de Tui, ás 11.00 horas. A cerimonia de ordenación episcopal e toma de posesión poderá seguirse en directo a través de TRECE TV, Radio María e a canle de Youtube da diocese de Tui-Vigo.

O pasado 25 de maio, a Nunciatura Apostólica en España comunicou que o papa Francisco nomeara a D. Antonio Valín, bispo electo de Tui-Vigo. Así, anunciábase tamén que o papa aceptaba a renuncia do bispo Mons.  Luís Quinteiro presentada o 26 de xuño de 2022, ao cumprir 75 anos, tal e como establece o Código de Dereito Canónico. Ata a toma de posesión do novo bispo, Mons. Luís Quinteiro continuará á fronte desta diocese como administrador apostólico.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp