7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

Segue en directo a presentación da Memoria de Actividades de la Iglesia en Galicia

Segue en directo a presentación da Memoria de Actividades de la Iglesia en Galicia

Hoxe, ás 11.00 horas, no Hotel Oca-Porta do Camiño de Santiago de Compostela, a Igrexa galega celebrará un acto público de presentación da súa Memoria de Actividades de la Iglesia en Galicia correspondente ao ano 2023. O acto, que reunirá os bispos das dioceses galegas, entre eles, monseñor Antonio Valín, pode seguirse vía streaming, a través da seguinte canle de Youtube. Ademais do bispo, por parte da diocese tudense está previsto que se desprace á capital compostelá unha representación das diferentes vigairías e delegacións, autoridades civís, militares e académicas e medios de comunicación con presenza no territorio diocesano.

Esta presentación é froito do traballo conxunto das cinco dioceses galegas que, tras o éxito da primeira edición, e nun exercicio de transparencia, queren dar conta do labor que a Igrexa católica desenvolveu na comunidade autónoma durante o ano 2023 en ámbitos como a pastoral, a acción social ou a actividade evanxelizadora. Nesta ocasión, o protagonismo recaerá en varias experiencias de vida, con testemuños relacionados co acompañamento a persoas presas, a realidade da trata de persoas e a presenza da Igrexa no rural e urbano:

  • Raquel Fernández, educadora social e educadora de Alumar desde o ano 2020 (programa para o acompañamento e apoio de mulleres que se atopan en contextos de prostitución, trata ou explotación sexual de Cáritas Diocesana de Ourense).
  • José Criado, reitor do santuario de O Corpiño e coordinador da unidade pastoral desa zona da diocese de Lugo, que agrupa once parroquias. Falará de como se organiza a pastoral en esa zona rural.
  • Carlos Nottaro, migrante de Venezuela e pai de familia residente en Vigo desde hai catro anos. Ofrecerá o seu testemuño sobre como a parroquia de Santa Marta en Vigo axudoulle a integrarse na vida da cidade.
  • Nieves Espiñeira, delegada da Pastoral Penal da diocese de Mondoñedo-Ferrol, voluntaria no centro penal de Teixeiro. Nieves compartirá o testemuño de dúas persoas presas que fala do valor da acción silenciosa e entregada dos voluntarios a favor dos presos e dos funcionarios, una experiencia de vida, de dor, sufrimento e sentido do fracaso na súa vida.

O acto está organizado polas secretarías de comunicación das dioceses de Galicia e terá como presentador ao periodista da Cadena COPE Santiago Peón, coa colaboración de Paula Pájaro, redactora xefa de COPE Galicia, e Raúl Alfonso, vigairo episcopal para o Patrimonio e o Sostemento da Igrexa da diocese de Ourense.