O domingo 3 de agosto, desde as 19.30 horas e ata as 21.00 horas, desde a concatedral-basílica de Santa María, situada na zona vella da cidade olívica, a Televisión de Galicia retransmitirá a procesión do Santísimo Cristo da Vitoria. O sacerdote e xornalista, Alberto Cuevas, párroco da Nosa Señora da Soidade en Vigo, será o encargado de comentar o evento, xunto ao xornalista Moncho Lemos.
Nesta ocasión, portará o estandarte do Cristo da Vitoria durante a procesión, Fernando Franco, xornalista de Faro de Vigo.
O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, presidirá a procesión coa talla do Cristo que percorrerá as principais rúas da cidade olívica. No percorrido, participarán tamén os grupos de baile da Agrupación dos Centros Culturais e Deportivos de Vigo, acompañados pola banda de música Unión Musical de Coruxo. Ao finalizar a procesión, corais de ACOPOVI cantarán ao Cristo en Porta do Sol.