A diocese de Tui-Vigo retransmitirá en streaming a eucaristía presidida polo bispo Mons. Luís Quinteiro Fiuza con motivo da I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores que terá lugar no templo parroquial de Nosa Señora do Rocío, o venres, 23 de xullo, ás 20 horas.
A delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo, a través desta celebración, quere recoñecer o incansable labor das persoas maiores como vehículo de transmisión da cultura e da tradición na nosa sociedade. Ademais, o acto busca crear pontes que unan aos maiores cos mozos porque, tal e como manifesta o papa Francisco na seu exhortación apostólica, Christus Vivit, “se camiñamos xuntos, a mocidade e os anciáns, poderemos estar ben arraigados no presente, e desde aquí frecuentar o pasado e o futuro: frecuentar o pasado, para aprender da historia e para sandar as feridas que ás veces nos condicionan; frecuentar o futuro, para alimentar o entusiasmo, facer xermolar soños, suscitar profecías, facer florecer esperanzas.”.
Deste xeito, a Igrexa universal manifesta, por unha banda, o agradecemento a todas as persoas maiores que, durante máis dun ano, víronse afectadas pola pandemia, pero mantiveron a esperanza no medio da adversidade; e, por outra, a importancia deste colectivo como fonte de sabedoría e experiencia para a sociedade actual, especialmente, da comunidade eclesial da que forman parte de pleno dereito.