6/10/2022

,

San Bruno
6/10/2022

,

San Bruno

Seis mosteiros da diocese acollen un roteiro orante para vivir a Coresma

Seis mosteiros da diocese acollen un roteiro orante para vivir a Coresma
Foto: Cartel informativo sobre los lugares en los que se desarrollará esta ruta orante.

Durante os domingos de Coresma —é dicir, durante os meses de marzo e abril—, a delegación de Vida Consagrada da diocese de Tui-Vigo organiza un roteiro orante por seis mosteiros de vida  contemplativa da nosa diocese co obxectivo de ofrecer un espazo para orar de maneira individual ou ben coa comunidade de referencia —parroquia, movemento, asociación de fieis, etc.—.

Os encontros comezarán cada domingo ás 18 horas cunha pequena acollida e un tempo de silencio para a reflexión persoal. Posteriormente, haberá oportunidade de rezar a oración de vésperas coa comunidade de vida  contemplativa á que se visite en cada ocasión.

O itinerario organizado pola delegación diocesana é o seguinte:

  • O 6 de marzo, o mosteiro da Anunciada das  dominicas de Baiona.
  • O 13 de marzo, o mosteiro de San Xosé, das carmelitas descalzas do Rosal.
  • O 20 de marzo, o mosteiro da Virxe do Carme e San Xosé, das carmelitas descalzas de  Sabarís.
  • O 27 de marzo, o mosteiro da  Transfiguración do Señor, das beneditinas de Trasmañó.
  • O 3 de abril, o mosteiro das Irmás de Santa María da Concepción, das  Clarisas de Tui.
  • O 10 de abril, o mosteiro da  Visitación de Santa María, das  salesas de Vigo.

Desde a delegación de Vida Consagrada ofrecen un servizo de gardería para todas aquelas familias con nenos pequenos que estean interesadas en participar para gozar dun tempo de silencio e oración. Ademais, non é necesario inscribirse previamente.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp