O vindeiro 24 de maio celébrase a solemnidade de Pentecostés, unha das festas máis importantes do calendario litúrxico, na que a Igrexa conmemora a vinda do Espírito Santo sobre os apóstoles.
Coincidindo con esta celebración, a Igrexa celebra o Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar 2026, que este ano leva por lema “Pobo de Deus que sae ao encontro”.
Para preparar esta xornada a Delegación Episcopal de Apostolado Segrar e o Consello diocesano de laicos da Diocese de Tui-Vigo, organizan do 19 ao 24 de maio, a XLIII Semana do Apostolado Segrar. A finalidade desta efeméride é visibilizar a rica diversidade laical que habita na realidade eclesial da nosa diocese.
As actividades da Semana de Apostolado Segrar son as seguintes:
– O martes 19 ás oito da tarde no salón da parroquia do Corazón de María de Vigo terá lugar a conferencia: “Aportación das terceras ordes dos movementos mendicantes do S.XIII ao apostolado segrar e a súa novidade no S.XXI”
En dita conferencia intervendrá Doña Ana María Fernández Álvarez, ministra rexional da Orden Tercera Franciscana de Galicia.
– O mércores 20 ás oito da tarde desenvolverase unha mesa redonda, no salón da parroquia do Corazón de María de Vigo. A mesa redonda estará animada pola asocición laical CVX (Comunidades de Vida Cristiá de Vigo).
– O sábado 23 ás oito da tarde na parroquia de San Francisco de Asís de Vigo, celebrarase a Vixilia Diocesana de Pentecostés, presidida polo Sr. Bispo.
Finalmente o domingo, día 24 de maio, solemnidade de Pentecostés, celebrarase o Día da Acción Católica e Apostolado Segrar.