20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

«Semana do matrimonio» na diocese de Tui-Vigo

«Semana do matrimonio» na diocese de Tui-Vigo
FOTO.- Parejas duranta la «ruta romántica» en Baiona | © Leandro Rivero

Do 10 ao 16 de febreiro, baixo o lema «Enche o seu corazón, faino latexar», a delegación de Pastoral Familiar organizou a IV edición da «Semana do matrimonio», para convidar as parellas a vivir a festa de Santo Valentín dunha forma completamente diferente, creando espazos de encontro reflexión e oración. A programación deste ano incluíu un taller manualidades en casa, unha vixilia de oración na parroquia do Rocío en Vigo e un «roteiro romántico» pola vila de Baiona.

A «Semana do matrimonio» é unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, á vez que se pon en valor o sentido e a beleza do sacramento no medio da sociedade actual. A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española é a encargada de promover esta proposta a nivel nacional, pero con transcendencia e calado local, adaptándose á realidade de cada dioceses.

«Enche o seu corazón, faino latexar» foi o lema da campaña deste ano que se centrou na relación de Edu e Mónica, dous personaxes de animación que cobran vida ao final da historia. A Campaña deseñouse en branco e negro e un corazón vermello que destaca como elemento de conexión. Nese corazón reflíctese o estado emocional da relación dos nosos protagonistas. A medida que a parella vive momentos importantes, o corazón énchese —momentos de amor, unión, felicidade…— ou baleirase —desafíos e perdas—, representando que as relacións se constrúen e evolucionan co tempo. Na web de campaña, podes atopar a historia de Edu e Mónica, divida en tres vídeos de animación.

Semana del matrimonio 2025 | © Leandro Rivero
« de 28 »