Actosda Semana Santa de Tui
Domingo 26 de marzo
18:00 horas — Capela das reliquias da catedral de Tui
Pregón de Semana Santa
Avelino Bouzón, cóengo e director do Arquivo da Catedral de Tui, será o encargado de facer a lectura do Pregón. A continuación haberá unha intervención musical do dúo de guitarras formado por Cristina Gómez e Gabriel Silvera, profesores do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
18:00 horas — Capela das reliquias da catedral de Tui
Domingo 2 de abril
11:00 horas — Bendición e Santa Misa
A Praza de San Fernando acollerá a bendición do Domingo de Ramos, seguida de procesión e da Santa Misa na catedral tudense.
11:00 horas — Bendición e Santa Misa
Mércores 5 de abril
12:00 horas — Misa Crismal
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidirá la Misa Crismal, acompañado por el presbiterio diocesano.
12:00 horas — Misa Crismal
Xoves 6 de abril | Xoves Santo
19:30 horas —Santa Misa na catedral
Celebrarase na catedral tudense a misa vespertina da cea do Señor.
19:30 horas —Santa Misa na catedral
19:00 a 23:00 horas — Visita aos monumentos
Tradicional percorrido polos seguintes lugares: catedral de Tui, igrexa das Clarisas, igrexa de Santo Telmo e igrexa de San Bartolomeu —debido ás obras na rúa Antero Rubín, este ano, non é posible visitar a capela da Residencia Santo Telmo nin a igrexa de Santo Domingo—.
Na capela da misericordia poderase visitar a representación do «Horto das oliveiras».
19:00 a 23:00 horas — Visita aos monumentos
23:00 horas — Hora Santa
Organizarase unha Hora Santa na catedral de Tui
23:00 horas — Hora Santa
Venres 7 de abril | Venres Santo
11:00 horas — Sermón do Encontro e procesión
Os pasos sairán da capela da Misericordia ata a praza de San Fernando, onde terá lugar o «Sermón do Encontro» a cargo de Ángel Carnicero, reitor do Seminario Maior de Vigo. Ao finalizar, haberá procesión polas rúas da cidade
11:00 horas — Sermón do Encontro e procesión
18:00 horas — Celebración da Paixón do Señor
Na catedral de Tui, celebrarase o oficio propio do Venres Santo: a Paixón do Señor.
18:00 horas — Celebración da Paixón do Señor
20:00 horas — Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
O «Sermón do Desencravo» terá lugar na catedral de Tui, a cargo de Samuel Montes, formador do Seminario Maior «San Xosé». A continuación, dará comezo a procesión ata a igrexa parroquial de San Francisco
20:00 horas — Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
Sábado 8 de abril | Sábado Santo
08:00 horas — Procesión da nosa Señora da Soidade
A procesión comezará na igrexa de San Francisco e terminará na catedral de Tui. A continuación, Ángel Carnicero, reitor do Seminario Maior «San Xosé», fará o sermón
08:00 horas — Procesión da nosa Señora da Soidade
20:00 horas — Vixilia Pascual
A Vixilia Pascual terá lugar no templo parroquial de San Francisco.
20:00 horas — Vixilia Pascual
Domingo 9 de abril | Domingo de Resurrección
12:00 horas — Misa Pascual na catedral de Tui
O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía no templo catedralicio
12:00 horas — Misa Pascual na catedral de Tui