Actosda Semana Santa de Tui
Domingo 22 de marzo
Pregón de Semana Santa
A xornalista Eva González do Socorro pronunciará a lectura do pregón da Semana Santa tudense. A continuación, haberá un pequeno concerto a cargo do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
Domingo 29 de marzo
Mércores 1 de abril
Xoves 2 de abril | Xoves Santo
O bispo de Tui-Vigo, Monseñor Antonio Valín, celebrará na catedral tudense a misa vespertina da cea do Señor, na catedral de Santa María de Tui.
Tradicional percorrido polos seguintes lugares: S. I. Catedral, Igrexas das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo, Capela da Residencia San Telmo, Igrexa de San Domingos e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
Nova procesión que sairá da capela da Misericordia percorrendo as rúas do conxunto histórico de Tui.
Organizarase unha Hora Santa na catedral de Tui.
Venres 3 de abril | Venres Santo
Os pasos sairán da capela da Misericordia ata a praza de San Fernando, onde terá lugar o «Sermón do Encontro» a cargo de Santiago Freire, cóengo e párroco de Tui. Ao finalizar, haberá procesión polas rúas da cidade.
Na catedral de Tui vaise celebrar o oficio propio do Venres Santo: a Paixón do Señor.
O «Sermón do Desencravo» terá lugar na igrexa de Santo Domingo, a cargo de Juan Olazabal, vigairo parroquial de Tui e párroco de Areas e Pexegueiro. A continuación, dará comezo a procesión ata a igrexa parroquial de San Francisco.
Sábado 4 de abril | Sábado Santo
Domingo 5 de abril | Domingo de Resurrección
O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a Eucaristía no templo catedralicio.
Comeza a novena na honra a San Telmo, patrón da diocese de Tui-Vigo, na catedral tudense.