16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

«Sementes de paz e esperanza», lema da Xornada Mundial de Oración polo Coidado da Creación

«Sementes de paz e esperanza», lema da Xornada Mundial de Oración polo Coidado da Creación

O 1 de setembro, a Igrexa celebra a Xornada Mundial de Oración polo Coidado da Creación baixo o lema, nesta ocasión, «Sementes de paz e esperanza». Con motivo desta xornada, os bispos da subcomisión para a Acción Caritativa e Social da Conferencia Episcopal Española publicaron unha mensaxe no que expresan que «é tempo de construír pontes de integración, traballando por unha xustiza ecolóxica, social e ambiental entre os países ricos e os empobrecidos».

Ademais da mensaxe dos prelados, a Comisión para a Liturxia da CEE ofrece uns materiais litúrxicos que inclúen un formulario e un leccionario da misa «para o coidado da creación», así como un subsidio litúrxico para a sede e outro para o monitor.

A Xornada Mundial de Oración polo Coidado da Creación ten lugar o 1 de setembro e celebra ao Deus Creador e o gran misterio da creación do cosmos, á vez que anima a sandar a relación coa creación. É unha xornada que axuda a reflexionar sobre o acto mesmo da creación, misterio fundacional da nosa fe.

Inspirado en ricas tradicións, este día tamén se coñece como Día da Creación ou Festa da Creación e foi adoptado pola Igrexa Ortodoxa, o Consello Mundial de Igrexas, a Comuñón Anglicana e a Igrexa Católica. Esta xornada de oración pola creación impulsa o Tempo da Creación, un período ecuménico que se celebra do 1 de setembro ao 4 de outubro, festa de san Francisco de Asís.