18 de Abril de 2024

,

San Perfecto
18 de Abril de 2024

,

San Perfecto

O Seminario Menor de Tui celebra a fraternidade no seu acto de inauguración

O Seminario Menor de Tui celebra a fraternidade no seu acto de inauguración

Onte, domingo 19 de outubro, o Seminario Menor de Tui celebraba a inauguración do novo curso 2020-2021, cunha Eucaristía que deu comezo ás seis da tarde. Con motivo do COVID-19, o aforo estivo limitado aos seminaristas e os seus familiares (pais e irmáns), o claustro de profesores e o equipo de  formadores.

O reitor do centro, Antonio  Menduiña, quen presidiu a celebración, lembrou aos presentes que Deus faise presente en todas as circunstancias das nosas vidas: na familia, no lecer ou no traballo. Neste sentido, insistiu na importancia de manifestar noso ser cristián a través das obras cotiás, non só na oración.

A Eucaristía coa que se inauguraba este curso convertíase nunha manifestación da fraternidade e a familiaridade, que se busca transmitir no Seminario Menor, non só entre os alumnos senón tamén entre as súas familias, xunto con todo o persoal que traballa no centro. Así o declaraba o reitor.

Esta inauguración chega tras un comezo de curso estrepitoso, que provocou o atraso da entrada dos alumnos nas aulas por mor da pandemia e a remodelación de gran parte das instalacións para adaptalas ás normas de hixiene e seguridade estipuladas pola Consellería de  Sanidade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp