15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

Sempre dous

Sempre dous

“Que mágoa que o home estea so!”É ben certo que a vida das persoas compréndese desde o encontro cos demáis. Non podemos vernos ben a nós mesmos. A nosa visión sempre será distorsionada. Por moi limpo que estea un espello a nosa imaxe está ao contrario da realidade, polo que temos que ter tamén unha ollada desde outra perspectiva para vernos na globalidade. Vemos con doble perspectiva con dous ollos que nos dan amplitude. Dúas son as fosas nasais, dous os brazos e as mans, dúas pernas. E todo desde a súa posición. Non se opoñen, compleméntanse e axúdanse. Podemos traballar sen algún membro? Si. E ben seguro que potenciaremos as capacidades de outros. Non hai deficiencias, senón novas potencialidades. Non hai barreiras senón outras búsquedas. Non hai trabas senón oportundades. Podemos emprender proxectos sos? Pero posiblemente rematen cando xa non esteamos. Somos quen de buscarnos a supervivencia sen ninguén? Pero ben seguro que morreremos de soedade. 

Acaba de comezar a campaña da declaración da renda. As mensaxes que recibimos é a da responsabilidade, a conciencia comunitaria, o ben común, a solidariedade, a colaboración social. O traballo persoal, o beneficio propio, o esforzo dos proxectos, os resultados do labor quedan abertos á sociedade a través da nosa declaración fiscal. Non é so devolverlle á sociedade o que ela me deu para formarme como persoa, como profesional; non é so que teña que contribuir para manter unhas estructuras que garanticen os dereitos esenciais dos cidadáns: saúde, educación, etc. Vai moito máis alá:

1º. A necesidade de redescubrir o lugar que ocupa a persoa no proxecto mundial. Non somos so xeradores de riqueza, maquinarias de produción ou elementos dun deseño. A persoa, como protagonista do seu destino, non so senón no camiño compartido, compleméntase no labor de progreso.

2º. A necesidade de redescubrir o destino dos pobos e do mundo. Todo está chamado a converxer na unidade porque moito nos leva a pecharnos en nós negando a posiblidade de encontro sincero cos demáis, levantando balados e poñendo fronteiras infranqueables

3º. Sabernos membros dunha familia que nos necesitamos, nos complementamos e nos axudamos. Todos temos algo que aportar.

4. Abrir camiños de esperanza sabendo que nada está perdido e ninguén está fora. A vida cosntruímola desde a sinxeleza e a transparencia.

5. Progresar non é so invertir, nin conseguir beneficios. As mellores cousas son gratuidade e gratificantes.

O noso labor, o traballo non so nos beneficia a cada un senón que edifica un mundo mellor. Non estamos sos.

unha aperta

Xabier Alonso

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp