18 de Abril de 2026,
San Perfecto

Sete ceas para fortalecer a relación conxugal

Sete ceas para fortalecer a relación conxugal

O venres 10 de abril comeza o “Curso Alpha para parellas”, sete sesións consecutivas e gratuítas que axudarán ás parellas para investir na súa relación, construíndo un matrimonio forte a través dunha cea para dous, un vídeo práctico cunha duración de 40-50 minutos e unha conversación privada entre cada parella.

A iniciativa comeza este próximo venres 10 de abril ás 21.00 horas, nos locais parroquiais da nosa Señora do Rocío, e é impulsada pola delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo. O curso terminará o venres 29 de maio.

As parellas interesadas en probar esta experiencia deben poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 660 16 69 57 (José).

Que é o «Curso Alpha para parellas»?

O «Curso Alpha para Parellas» foi desenvolvido en 1996 por Nicky & Sila Le (autores do libro El e Ela) para parellas que están casadas ou nunha relación a longo prazo que buscan apoio práctico para fortalecer a súa relación. O curso está deseñado para axudar ás parellas a construír bases sólidas, aprender a comunicarse máis eficazmente e a resolver ben as diferenzas.

En 25 anos, realizouse en 127 países e 45 idiomas para máis de 1 millón de parellas. A comunicación, a resolución de conflitos ou o perdón son algúns dos temas que se abordan ao longo das sete sesións que constan dunha cea, dun vídeo práctico e unha conversación privada entre cada parella.

Para quen é?

O curso é para calquera parella —especialmente, matrimonios— que busca fortalecer a súa relación. Algunhas veñen para investir nunha relación xa forte, outras coa necesidade de superar retos máis específicos que afrontan. O curso ofrece ferramentas esenciais e ideas prácticas para axudar a construír unha relación que dure toda a vida.