29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael
29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael

Sexteto Concert Art clausurará o XIII Ciclo de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera

Sexteto Concert Art clausurará o XIII Ciclo de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera
Foto: Cartel del concierto de clausura del XIII Ciclo de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera.

Este sábado, 24 de setembro, ás 20 horas, Sexteto  Concert Art será o encargado de clausurar o  XIII Ciclo de música  relixiosa San Martiño de Barcia de Mera, interpretando obras de Mozart.

Debido ás limitacións de aforo a causa do covid-19, será necesario reservar entrada previamente na recepción do balneario de Mondariz ou a través do número de teléfono: 658 627 525. O custo da entrada será de 5€.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, contou cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro. Este ano os asistentes puido gozar de novas producións como “ Vésperas  na honra de  san Martiño” interpretada polo grupo  Vox  Stellae  Ensemble, ou a ópera «María  Estuardo» con música de  Schiller e  Donizetti.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp