9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Sheriff Kappa, mariñeiro: «Stella Maris salvoume a vida»

Sheriff Kappa, mariñeiro: «Stella Maris salvoume a vida»
Foto: Sheriff Kappa, marinero natural de Sierra Leona

Sheriff Kappa, mariñeiro natural de Serra Leona (África), chegou a España en 2013 fuxindo do conflito bélico instaurado no seu país de orixe, no que perdeu aos seus pais e á súa irmá.  Desde o ano 2017, traballa no mundo da mar e non foi ata decembro de 2022, cando coñeceu o labor que a Igrexa desenvolve nese ámbito.

O primeiro contacto de Sheriff tivo lugar no pavillón do Berbés, durante o torneo do Nadal de fútbol sala que organizou a delegación diocesana de Stella Maris para traballadores do sector marítimo. Foi no medio da trasfega dese día, candoShériff Kappa achegouse a axudar.

Desde o primeiro momento no que acudiu ás oficinas de Stella Maris situadas no edificio Portocultura, Shériff atopou unha gran acollida grazas a voluntarias como Pili, que escoitaron o seu caso para poder ofrecerlle o mellor asesoramento.

Que atopaches en Stella Maris?

Stella Maris salvoume a vida. Permíteme facer cursos para seguir adiante, para ter unha vida mellor e axudar á miña familia. Estou contento grazas a Stella Maris. É unha gran oficina que salva vidas e axuda a moita xente.

Unha mensaxe para os mariñeiros

Os meus amigos mariñeiros, por favor, non teñades vergoña de vir á oficina de Stella Maris. Se ti cóntaslles os teus problemas, eles arránxanos. Non teñades medo. Son xente boa, de paz. Se che pos as pilas, eles queren axudarte. Sexas branco, negro, verde ou azul, ven a Stella Maris.

Entrevista completa a Shériff Kappa no programa O espello de Tui-Vigo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp