1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui
1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui

Superiores da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus visitan o Fogar e Clínica Santo Rafael para coñecer o importante labor que realiza no ámbito da discapacidade en Galicia

Superiores da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus visitan o Fogar e Clínica Santo Rafael para coñecer o importante labor que realiza no ámbito da discapacidade en Galicia
Foto: © Hospital-Clínica San Rafael de Vigo.

O encontro enmárcase na Visita Canónica que a Orde realiza entre os meses de xaneiro e marzo a todos os centros de España onde desempeña a súa misión hospitalaria.

Os responsables da Orde visitaron todas as instalacións e mantiveron diversas reunións co comité de dirección e cos responsables e o persoal das diferentes áreas nas que se divide a actividade de HC Santo Rafael, así como coa Comunidade de Irmáns da Orde en Vigo.

O pasado mércores  , 18 de xaneiro, o primeiro conselleiro xeral da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus, o irmán Joaquín Erra, e o irmán Miguel Martín, designado como secretario pola curia provincial, visitaron o Fogar e Clínica Santo Rafael de Vigo no marco da Visita Canónica que a Orde realiza entre os meses de xaneiro e marzo a todos os centros de España onde desempeña a súa misión hospitalaria.

O obxectivo desta rolda de visitas é coñecer de primeira man a realidade dos centros e comunidades de San Xoán de Deus; valorar e iluminar a realidade de cada unha deles; e animar e proxectar o seu futuro seguindo o carisma do fundador.

Durante a súa visita ao Centro, os responsables da Orde percorreron todas as instalacións e mantiveron diversas reunións co comité de dirección e cos responsables e o persoal das diferentes áreas nas que se divide a actividade de HC Santo Rafael, así como coa Comunidade de Irmáns da Orde en Vigo.

Ademais, tamén aproveitaron a ocasión para manter unha reunión co bispo da Diocese Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza.

A Visita Canónica Xeneral é un evento importante para a institución, xa que propicia espazos de escoita, reflexión e diálogo do Gobierno General cos Comités de Dirección, as comunidades relixiosas, os Equipos de Pastoral, os Comités de Ética, os colaboradores, etc. A organización do programa en cada lugar corre a cargo dos propios centros, que igualmente colaboraron na elaboración dun informe cos datos máis relevantes da súa actividade.

Sobre HC Santo Rafael

O Fogar e Clínica Santo Rafael, pertencente á Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus, Provincia de España, atende a persoas con discapacidade intelectual desde hai preto de 80 anos. Tal e como indica o seu nome, é máis que un centro, é un fogar que realiza unha atención integral e humana co obxectivo de fomentar o seu desenvolvemento persoal, social e laboral a través das áreas educativa, ocupacional e residencial.

A Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus

A Provincia San Xoán de Deus de España da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus é unha institución católica sen ánimo de lucro, cuxo orixe se remonta ao século XVI.

A Orde Hospitalaria sostén un modelo de atención integral centrado na persoa que se adapta aos retos da sociedade actual, co obxectivo de promocionar e mellorar a saúde das persoas e a súa calidade de vida, sen distinción por cuestión de xénero, crenzas ou orixe, para crear unha sociedade máis xusta e solidaria.

En España, a Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus conta cunha rede de 80 centros sanitarios, sociais, sociosanitarios, docentes e de investigación que atenden a case un millón e medio de persoas anualmente. Está integrada por 188 Irmáns, 15.000 profesionais, case 3.500 voluntarios e numerosos doantes e benfeitores.

A nivel mundial a Orde Hospitalaria está presente en 52 países con 405 Obras Apostólicas e Centros sociais e sanitarios, atendendo a máis de 3 millóns de persoas ao ano. Ademais, conta con 1.020 Irmáns, máis de 65.000 profesionais e máis de 25.300 voluntarios/as.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp