12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Suspéndense as actividades pastorais presenciais

Suspéndense as actividades pastorais presenciais

A Vigairía de Pastoral publicou unha nova nota informativa que recolle as novas medidas estipulada pola Xunta de Galicia o pasado luns, 25 de xaneiro, para combater a propagación do Covid-19 e que afecta as actividades eclesiais, especialmente, ás de índole pastoral que quedan suspendidas a partir de hoxe, mércores 27 de xaneiro, ás 12 da noite, cando entrarán en vigor a nova normativa. 

As actividades de carácter pastoral —catequese, conferencias, encontros, reunións, congresos e actos similares— quedan suspendidas de maneira presencial, aínda que si se poderán manter as actividades litúrxicas no interior do templo, xa que son lugares de culto, pero coas restricións propias marcadas pola Consellería de  Sanidade.

Entre a normativa vixente publicada no DOG do mércores 26 de xaneiro, ás medidas establecidas —redución do aforo a 1/3 (33%) da capacidade máxima do templo, uso obrigatorio de máscara, limpeza de mans con xel  hidroalcólico, desinfección do espazo e limitación horaria seguindo o toque de queda desde as 22  h. ás 6  h.— súmase a prohibición das actuacións de coros nos templos e a recomendación de sinalar os asentos no interior dos templos. Por exemplo de cidadanía e responsabilidade social, desde a Diocese se recomenda fomentar, en este tempo, a celebración de actos de culto máis breves e en horas próximas ás 6 da tarde.

Ademais, os velorios quedan reducidos a un máximo de 5 persoas e os asistentes aos enterros nos cemiterios non poderán superar as 15 persoas.

A nota completapublicada pola Vigairía de Pastoral que explica como afectan as novas medidas ao ámbito eclesial pode consultarse ou descargarse en versión PDF a través das seguintes ligazóns.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp