25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Suspéndese a procesión do Santísimo Cristo da Vitoria

Suspéndese a procesión do Santísimo Cristo da Vitoria

O 9 de xullo, varios membros da directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria encabezados pola súa presidenta, Dna.  Marora Martín-Caloto, reuníronse co alcalde da cidade, D. Abel Caballero, para valorar a situación actual e definir os actos que poderían celebrarse ao redor da festividade do Santísimo. Seguindo as recomendacións sanitarias, e acordándoo coas autoridades municipais e eclesiásticas, do mesmo xeito que o pasado ano, a procesión do Santísimo Cristo da Vitoria non terá lugar.

Así mesmo, a Confraría transmitiu ao alcalde o seu desexo de que a lectura do pregón do día 31 de xullo no Pazo de Castrelos sexa encomendada ao Doutor en Dereito e Xuíz Decano dos Xulgados de Vigo desde 2009, D. Germán Mª Serrano Espinosa.

A Irmá Maior da Confraría quere destacar do encontro desta tarde a colaboración total e o interese mostrado polo  Concello para que todo transcorra da mellor maneira posible poñendo ao dispor da Confraría recursos para optimizar o bo desenvolvemento dos actos que si van ter lugar.

Pola súa banda, a celebración do solemne  novenario terá lugar adecuándose ás medidas hixiénico sanitarias requiridas garantindo a distancia de seguridade entre os asistentes. É por esta razón que o aforo na Concatedral estará limitado. Para facilitar o seguimento dos cultos a todos aqueles que non poidan acceder ao templo, a Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria, coa colaboración do  Concello de Vigo, retransmitirá en  streaming a novena das 20 h00, desde o día 23 de xullo, a través das súas canles de comunicación en liña, redes sociais e sitio web. Así mesmo, facilitará dita retransmisión a todos aqueles medios de comunicación ou entidades que desexen retransmitila desde as súas plataformas dixitais co obxectivo de chegar ao maior número posible de persoas. Os vídeos das novenas quedarán rexistrados durante uns días na páxina de inicio da web da Confraría de modo que poidan volver ser vistos.

A celebración da Misa Solemne terá lugar o domingo 1 de agosto ás 11 h00, coa asistencia dun número reducido de persoas e do mesmo xeito que coas misas do  novenario, a Misa Solemne será retransmitida en  streaming para que poida ser seguida en liña por todos aqueles que o desexen.

A Confraría quere lembrar que o vindeiro venres 30 terá lugar a tradicional imposición de medallas aos novos confrades e anima a formar parte da mesma, a todos aqueles que queiran selo. Ata a data citada, segue aberto o prazo para realizar as correspondentes inscricións.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp