Ante a imposibilidade de que as procesións salgan á rúa nesta semana Santa, xa que as previsións meteorolóxicas ameazan choiva, o bispo de Tui-Vigo convida os fieis de Vigo, a veciños e turistas, a achegarse e contemplar os pasos procesionais que durante o Xoves e o Venres Santo, en horario de 16.00 a 21.00 horas, estarán expostos en catro puntos da cidade: o templo parroquial de Santiago de Vigo —Avenida García Barbón—; a concatedral-basílica de Santa María de Vigo; a igrexa de San Salvador —Camiño Real, en Teis —; e o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Vigo (CIIES) —en rúa Marqués de Valterra —.
Aínda que as procesións non salgan á rúa, os responsables da diocese e da Semana Santa de Vigo están organizado dous actos para axudar aos fieis para celebrar e profundar nos grandes acontecementos destes días, ambos os días na concatedral-basílica de Santa María, ás 19.30 horas. O Xoves Santo, está prevista unha «Oración no Horto das Oliveiras», para recrear os momentos previos de Xesús en Getsemaní, antes do seu prendemento. O Venres Santo, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, predicará un solemne sermón, unha invitación orante a contemplar a morte do Señor. Ambos os actos serán harmonizados pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI).
O bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, visitará os diferentes pasos da Semana Santa nos lugares de exposición orante. O xoves, ás 17.00 horas, visitará o templo parroquial de San Salvador de Teis . O venres, ás 16.45 horas, acudirá á igrexa de Santiago de Vigo e, ás 17.15 horas, ao centro da rúa Marqués de Valterra . Esta será tamén unha oportunidade para agradecer o labor de todos os costeleiros e voluntarios que, durante semanas, envorcáronse na preparación da Semana Santa de Vigo.
Ademais, xoves e venres, haberá diversos concertos das bandas de música pertencentes á Federación de Bandas de Música de Vigo: ambos os días, ás 20.00 horas, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús; e, o xoves, ás 18:30 horas, na igrexa de San Salvador de Teis. O Via Crucis organizado por Cursos de Cristiandade no monte da Guía, o venres, ás 23:00horas, non se suspende, independentemente da choiva.
O bispo, monseñor Antonio Valín, subliña tamén que o esencial da Semana Santa son as celebracións litúrxicas, nas que facemos memoria da paixón, morte e resurrección do noso Señor Xesucristo, corazón da fe.
Así mesmo lémbrase que as celebracións propias desta semana Santa na concatedral-basílica de Santa María serán: o xoves, ás 18.00 horas, presidida polo bispo emérito, monseñor Luís Quinteiro; o venres, ás 18 horas, presidia polo prelado monseñor Antonio Vaín; e, o sábado, ás 22.00 horas, concelebrada polo bispo e polo emérito.
Na web diocesana, pódense consultar os horarios das celebracións das parroquias de Vigo.