20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Testemuños do Congreso de Vocacións

Testemuños do Congreso de Vocacións
FOTO.- Participantes de la diócesis de Tui-Vigo en el Congreso nacional de Vocaciones

Entre os 3000 participantes no Congreso de Vocacións, entre o 8 e o 9 de febreiro,  baixo o lema: «Para quen son? Asemblea de chamados para a misión, a diocese de Tui-Vigo estivo presente cunha delegación de 22 persoas vinculadas a diferentes ámbitos eclesiais.

Un dos obxectivos deste congreso foi impulsar e consolidar en cada dioceses «un servizo que anime a vida vivida como vocación», seguindo a invitación do Sínodo celebrado en outubro de 2024 en Roma, baixo o lema «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación, misión». Neste Congreso nacional a cada dioceses atribuíuselle un número de participantes no encontro e á diocese tudense correspondéronlle 22. Na devandita delegación participaron distintos membros de Pastoral Vocacional, Pastoral Familiar, Pastoral Xuvenil, Seminarios e Vida Consagrada. Todos eles, representando o amplo mosaico de vocacións que traballa na Igrexa diocesana. Esta delegación diocesana foi acompañada polo bispo, Mons. Antonio Valín Valdés.

Irmá Inmaculada Cantó,

relixiosa de San José de Cluny

«Para quen son?». Esta é a pregunta que nos lanzaron para traballar, reflexionar e compartir sobre a pastoral vocacional. Este congreso foi unha experiencia persoal de oración e comuñón. Na Igrexa de España hai esperanza, hai comuñón, hai creatividade, hai ilusión, hai futuro… Por que dúbidas? Está habitada polo Espírito! El elixiunos  para que sexamos santos!

Juan José Lombardeo y Sonsoles Sanmartín,

matrimonio

O primeiro, grazas. Foi unha honra ser convidados pola diocese a un evento que nos enriqueceu moito como parella e como cristiáns. Despois de falalo coa miña muller, este Congreso  marcou un punto de inflexión nas nosas vidas. Fomos testemuñas en primeira man do amor de Deus e da transformación que produce na nosa vida. Volvemos coa moral revitalizada, comprendendo un pouco mellor o obxectivo que nos marcou o Señor e gratificados ao escoitar os incribles testemuños dos nosos irmáns. É marabilloso ter unha vocación e darte conta de «para quen es», como versa o título do congreso. Seguimos!

É marabilloso ver a gran familia que forma a Igrexa en toda España. Escoitar os seus testemuños e todas as actividades que realizan para manter viva a nosa vocación foi unha fonte de inspiración.  De todas estas reunións sempre volvo coas mans cheas e o corazón repleto de alegría. Durante todo o Congreso, respirouse un ambiente cargado de espiritualidade e de boa fe. Isto só é un paso máis para continuar remando.

Isabel Tamayo,

moza universitaria

O 7 de febreiro, chegaba ao Congreso simplemente coa idea de deixar que Deus me sorprendese  e así foi, pois puiden vivir o encontro cunha gran familia: a Igrexa. Foi tamén, unha experiencia alentadora, porque puiden ver como miles de persoas, cada unha coa súa realidade concreta e a súa vocación específica, estabamos alí, todos chamados para unha misión: amar e servir a Cristo a través dos irmáns, poñendo á súa disposición os dons que Deus nos regalou. Esta vivencia,  éncheme de forza e anímame a vivir esa vocación común sabendo que Deus sempre nos acompaña.

Ana Luisa Dacosta,

moza universitaria

Cheguei a Madrid sen grandes expectativas, pero si co corazón moi aberto para deixarme sorprender polo Señor, sabendo que El nunca defrauda. Foi unha fin de semana na que non apartei o foco del; unha fin de semana na que puiden edificar a miña fe mediante os miles de testemuños que puiden presenciar, a formación recibida, o permanente sentimento de Iglesia que asolagaba o Arena.
Deste congreso, levo a resposta a esa pregunta «PARA QUEN SON?»: eu son vocación para o outro, son por amor e para amar. Por iso convídovos a todos a vivir por e para El, porque «o único Evanxeo que moitos lerán en toda a súa vida será a nosa vida».

Pablo Pérez,

mozo universitaria

Neste Congreso de Vocacións en Madrid, puiden experimentar unha Igrexa viva e rica, na que todos estamos unidos a través de diferentes vocacións que nos axudan a achegarnos a Deus e de servir aos demais. Foi  un pracer vivir este Congreso  cos sacerdotes e matrimonios que nos acompañaron; son reflexo de que todos estamos chamados a unha vocación que nos enche dunha gran felicidade e alegría.

Rocío Sequeira,

moza universitaria

O Congreso foi para min unha experiencia única, inesquecible e enriquecedora que terei presente sempre. Aprendín moito máis do imaxinado, tanto dos relatorios como das persoas asistentes, exemplo claro de fe e compromiso. Este Congreso  serviume para reafirmar que o amor e a bondade de Dios sempre sorprende, ademais de atopar unha Igrexa unida por un único fin: amar e servir a Deus.

Congreso de Vocaciones — Madrid, 2025
« de 14 »