10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Axuda á túa Diocese

Axuda á túa Diocese
O financiamento da Igrexa Católica en España consíguese grazas ao Fondo Común Interdiocesano. Mediante el, o diñeiro procedente das achegas dos fieis e da asignación tributaria , distribúese solidariamente entre tódalas dioceses españolas.
Este Fondo Común supón de media o 25% do financiamento básico das dioceses españolas, aínda que depende do tamaño de cada diocese, chegado a supoñer ata o 70% dos recursos nas dioceses máis pequenas.
Este fondo obtense de dúas fontes principais: as achegas directas dos fieis e a Asignación Tributaria. A colaboración dos fieis mediante colectas, donativos, legados, etc. son a principal fonte de financiamento das dioceses e supoñen máis dun terzo dos recursos dispoñibles.
Un dos mellores modelos é a suscrición periódica, grazas á que é máis doado administrar o orzamento de forma eficaz para ir afrontando os diferentes desafíos que xorden na nosa Diocese de Tui-Vigo. Colaboras?

A Igrexa é unha grande familia e como tódalas familias precisa a axuda de tódolos seus membros. A túa Igrexa de Tui-Vigo precisa de ti: do teu tempo, as túas calidades, a túa oración e a túa axuda económica. Dende aquí podes podes realizar un donativo de forma sinxela e cómoda, que chegará directamente á nosa Diocese ou á túa propia parroquia.
Grazas!