Tendo sempre como centro e base as ensinanzas de Xesucristo, a Igrexa, estendéndose ao longo do mundo e dos séculos, tense organizado en cada época e lugar coa asistencia do Espíritu Santo e coas achegas humanas, tratando de manter a unidade como signo de comuñón e de continuidade. Froite deste longo proceso é a lexislación ou normativa eclesiástica, que na actualidade está contida principalmente no “Código de Dereito Canónico” promulgado en 1983 para toda a Igrexa.
E a propia Diocese concreta tamén as normas sobre as que ten competencia por medio de Decretos, que se publican no “Boletín do Bispado de Tui-Vigo”. Estas normas vanse recollendo de modo sintético e práctico en compendios chamados “Memoranda”, dos que o último publicado data do ano 2016
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Saber más.