26/09/2023

,

San Cosme y San Damián
26/09/2023

,

San Cosme y San Damián

Triduo na honra a Santiago apóstolo en Vigo

Triduo na honra a Santiago apóstolo en Vigo

Con motivo da solemnidade do apóstolo Santiago, patrón de España, que a Igrexa celebra o 25 de xullo, a confraría do Santiago Apóstolo de Vigo organiza un triduo en honra ao seu patrón do 22 ao 24 xullo, que estará predicado polo p. Gervais Kpan Gbalia, sacerdote de Costa do Marfil, no templo parroquial de Santiago de Vigo que, ademais, destinará as colectas destes días á misión deste presbítero marfiliño.

Os actos litúrxicos do triduo darán comezo ás 19 horas, co rezo do rosario e a misa cantada, que continuará cun intre de adoración eucarística e os actos propios do triduo. De maneira particular, o luns 24 de xullo, haberá o rezo de vésperas durante a celebración eucarística.

O martes 25 de xullo, solemnidade do apóstolo Santiago, haberá misas ás 10.30, ás 12.30 e ás 19.30 horas. A misa solemne será ás 12.30 horas, cantada polo Coro Clásico de Vigo, dirixido por Joaquín Carvajal.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp