17 de Xullo de 2026,
Santa Marcelina

«TUDE: Museo Catedralicio Diocesano» organiza un taller de fotografía en xullo

«TUDE: Museo Catedralicio Diocesano» organiza un taller de fotografía en xullo

No marco do VIII centenario da dedicación da catedral de Santa María de Tui, entre o 29 e o 31 de xullo, «TUDE: Museo Catedralicio Diocesano» organiza o taller de fotografía «Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración» que impartirá o artista multidisciplinar, Iago Eireos. Este taller representa unha oportunidade única para descubrir o patrimonio histórico de Tui desde unha perspectiva diferente, a través da mirada da fotografía contemporánea.

O taller propón unha experiencia fotográfica creativa e participativa centrada na Catedral de Santa María de Tui. Ao longo de tres xornadas intensivas, os participantes explorarán a arquitectura, a emoción e a narración visual a través de tres perspectivas fotográficas complementarias: documental, poética e narrativa.

Cada sesión combina explicacións accesibles con prácticas guiadas, permitindo aprender facendo. Fomentarase o traballo cooperativo e a análise colectiva das imaxes. Por iso, poderá participar calquera persoa sen coñecementos técnicos previos, co seu equipo fotográfico e/ou teléfono móbil con cámara.

Como produto final, cada participante elaborará un tríptico fotográfico con tres series correspondentes ás diferentes perspectivas exploradas.

Información e inscrición

Lugar: Catedral de Santa María de Tui

Horarios do taller:

O taller terá unha duración total de 15 horas, no seguinte horario:

  • Mércores 29 de xullo: de 16.00 a 19.00 horas (3 horas).
  • Xoves 30 de xullo: de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas (6 horas).
  • Venres 31 de xullo: de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas (6 horas).

Idade mínima: 16 anos.

Prazas limitadas: mínimo, 10 participantes; máximo, 20.

Material necesario: equipo fotográfico que se teña e/ou o teléfono móbil con cámara. Non se require coñecementos técnicos previos.

Matrícula: 15 euros

O pago debe realizarse á seguinte conta bancaria:

  • Número de conta: ES12 2080 5446 7030 4010 1340
  • Concepto da transferencia: Taller de fotografía + nomee e apelidos.

Inscrición: enviando un correo electrónico coa seguinte información a info@tudemuseo.com.  

  • Nome e apelidos.
  • Teléfono de contacto.
  • Xustificante de transferencia bancaria.