15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

Tui acolle o primeiro retiro de Emaús para homes

Tui acolle o primeiro retiro de Emaús para homes
Foto: Mons. Luis Quinteiro, acompañando a los integrantes de Emaús y Effetá en su encuentro semana en la parroquia de San Francisco de Asís

Do 23 ao 25 de febreiro, o colexio maristas Santa María de Tui acolle o primeiro retiro de Emaús para homes, unha iniciativa pastoral que, na actualidade, organízase na parroquia de San Francisco de Asís en Vigo —tanto homes como mulleres, así como os mozos que forman tamén Effetá— onde, semanalmente, levan a cabo encontros de oración e formación. O pasado mes de decembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, acudiu a un destes encontros, no que presidiu coa eucaristía cunha vintena de participantes desta iniciativa.

A inscrición a este primeiro retiro de Emaús ten un custo individual de 160 euros. Os homes maiores de 30 anos interesados en participar neste retiro de Emaús en Tui deben encher o seguinte formulario on-line. Para máis información, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico emaushombressfcodeasisvigo@gmail.com.

Jesús Maraña, membro do equipo organizador deste retiro, explica que «todos temos a necesidade de experimentar o amor de Dios na nosa vida; un amor que non pon fronteiras a ninguén». Neste sentido, Emaús ofrece «un encontro verdadeiro e íntimo con Deus. A ninguén que o fixo deixoulle cun efecto neutro. Que é o que imos atopar nun retiro de Emaús? Unha verdadeira fraternidade, uns irmáns que temos como centro neurálxico da nosa vida é o amor».

Sobre Emaús

O retiro de Emaús nace en 1978 nunha parroquia de Miami en EEUU da man do seu párroco, David Russel, e unha freguesa chamada Mirna Gallager, quen lle propón facer algo con outros cinco fregueses. Na oración descobren esta pasaxe de Emaús e así xorde o primeiro retiro en 1978. A partir de aí foise estendendo en EEUU, Sudamérica e Europa, chegando a España (Madrid) en 2010 e expandíndose por toda España —A Coruña será a primeira cidade galega en sumarse a esta iniciativa en 2019—.

É un retiro espiritual que se fai soamente unha vez na vida, cun marcado carácter íntimo e testemuñal que implica unha importante diferenza de sensibilidades no caso de homes e mulleres —para os máis novos, menores de 30 anos, existe Effetá—. Dirixido a todo o mundo, con independencia da súa situación persoal, o retiro de Emaús constitúe un bo instrumento de apostolado encamiñado a espertar e dinamizar a vida de diocese e parroquias, xa que, unha vez finalizado o retiro, realízanse reunións semanais para vivir e alimentar a fe en comunidade.

retiro de emaús na diocese de Tui-Vigo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp