Para celebrar o Día do Seminario, o xoves 18 de marzo ás 20 horas, na capela do Seminario Maior de Vigo, as delegaciones de pastoral Vocacional e pastoral Xuvenil-Universitaria organiza una vigilia de oración presidida por el obispo Luis Quinteiro Fiuza, que será retransmitida a través del canal de YouTube de la Diócesis, dadas as restriccións sanitarias.
No Seminario Maior San Xosé de Vigo estudan e conviven, xunto co reitor e dous formadores, 8 mozos aos que imparten clases 21 profesores. Dous destes mozos, Jesús García e Gabriel Gómez, foron ordenados diáconos —paso previo á ordenación sacerdotal— o pasado mes de outubro.
No Seminario Menor San Pelaio de Tui conviven, xunto co reitor e dous formadores, 11 adolescentes internos, que comparten formación con corenta externos de entre 12 e 17 anos. Grazas ás clases reducidas, os 14 profesores poden facer un seguimento máis personalizado e adaptado ás necesidades de cada alumno o que, consecuentemente, supón unha maior atención tamén ás familias.
Ademais desta vixilia en liña, Anxo Carniceiro, delegado diocesano de vocacións promoveu a campaña «Que é para ti o seminario?» para revalorizar o traballo desenvolvido nos seminarios de Tui e Vigo, que contou coa participación de 10 axentes que representan as diferentes realidades destas institucións
Os protagonistas de cada audiovisual —reitores, formadores, familias, seminaristas, voluntarios, traballadores e profesores— definen que é un seminario desde a súa perspectiva como parte implicada na construción destas comunidades. Os vídeos de 1 minuto de duración poden atopar nos perfís oficiais da Diocese de Tui-Vigo en Facebook, Instagram, Twitter e Youtube.
O Día do Seminario, que cada ano celébrase o venres 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, patrón de seminarios e seminaristas, é unha oportunidade para visibilizar o labor destas institucións eclesiais, pero tamén de coñecer aos seus principais protagonistas: os mozos que fan unha aposta valente polo sacerdocio.