25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Últimas prazas para o Camiño de Santiago da Pastoral Xuvenil

Últimas prazas para o Camiño de Santiago da Pastoral Xuvenil

A prazas para a peregrinación a Santiago de Compostela que organiza a delegación diocesana de Pastoral Xuvenil e Universitaria están a piques de terminarse. Do 26 de xullo ao 1 de agosto, os 40 mozos que se inscriban camiñarán cara ao apóstolo seguindo o roteiro portugués para conseguir a  compostela neste ano Xacobeo.

Os interesados en participar han de inscribirse chamando ou escribindo un  WhatsApp ao número de teléfono 638 616 417 (Gabriel) canto antes, porque as prazas estarán limitadas a 40 persoas de entre 18 e 30 anos debido ás limitacións de aforos nos albergues do Camiño establecidas polas autoridades sanitarias. Ademais, a inscrición terá un custo de 130€ co cal a delegación cubrirá os gastos de aloxamento, comida, seguros e alugueiro de autobús de regreso de Santiago a Vigo.

Esta experiencia, á que se sumarán outras que anunciarán proximamente, pretende ser un aliciente que motive aos mozos diocesanos a participar na Peregrinación Europea da Xuventude que, durante cada Ano Xacobeo, organizan as delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia en colaboración coa subcomisión de Mocidade e Infancia da CEE para celebrar o Ano Santo e que, inicialmente, estaba prevista para este verán, pero con motivo da pandemia tivo que aprazarse a agosto de 2022.

Desde o pasado setembro, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria puxo en marcha diversas actividades nas que os mozos son os protagonistas, como no caso da Oración Xoven que cada mércores acolle no Corazón de María a medio centenar de mozos e mozas de entre 17 e 30 anos; ou os encontros de formación «Déixate rescatar para amar» impartida polo delegado de Pastoral Vocacional, Ángel Carnicero, cada martes de maneira quincenal, nos locais parroquiais do Sagrado Corazón de Xesús. Así, a través do traballo conxunto, a Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo faise eco das palabras do papa Francisco na  Christus  Vivit —a  exhortación  apostólica  pos-sinodal publicada en 2019 tras a celebración do  Sínodo dos Bispos: Os mozos, a fe e o  discernimento vocacional—: “a pastoral xuvenil implica dúas grandes liñas de acción. Unha é a procura, a convocatoria, a chamada que atraia a novos mozos e mozas á experiencia do Señor. A outra é o crecemento, o desenvolvemento dun camiño de maduración dos que xa fixeron esa experiencia” (CV, 209).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp