A Vigairía para o Clero organiza unha quenda de Exercicios Espirituais para sacerdotes na Casa de Espiritualidade Santa María do Mar de Dorrón —en Sanxenxo—, que comezará o vindeiro domingo 3 de outubro pola tarde e finalizará o venres 8 de outubro despois de comer. Nesta ocasión, esta quenda de exercicios será dirixida polo bispo de Barbastro-Monzón, o pai Anxo Pérez Pueyo.
Os exercicios espirituais desenvoltos por San Ignacio de Loyola promoven un alto no camiño para tomar o pulso da vida, que permite reencontrarse desde dentro e poñerse a escóitaa de Deus durante uns días de silencio en contacto coa natureza galega. Os sacerdotes interesados en vivir esta experiencia deberán contactar con José Diéguez Dieppa, vicario para o Clero.
Dentro da programación da Vigairía para o Clero atopábase esta quenda de Exercicios que, inicialmente, estaba prevista para abril deste ano pero con motivo da pandemia tivo que atrasarse ata o de agora. Con esta experiencia, a Vigairía quere destacar a importancia e a necesidade do ministerio ordenado na renovación pastoral da comunidade parroquial: a necesidade da conversión das persoas para renovar as estruturas.