17 de Marzo de 2026,
San Patricio

Último retiro estival para sacerdotes

Último retiro estival para sacerdotes
FOTO.- Sacerdotes que asistieron al retiro durante el mes de julio

O mércores 3 de setembro de 2025, ás 11.00 horas, o santuario da Nosa Señora da Franqueira acolle o último retiro para sacerdotes do verán, que organiza a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo, para compartir un intre de oración e confraternización entre o clero diocesano durante os meses estivais de xullo, agosto e setembroTamén haberá oportunidade de gozar dunha comida de confraternización, comunicándoo previamente ao vigairo para o Clero, José Diéguez Dieppa.

A Vigairía para o Clero tamén anunciou as datas de a quenda de exercicios espirituais para sacerdotes: do 12 ao 17 de outubro, o sacerdote Ángel Moreno de Buenafuente impartirá esta quenda no mosteiro franciscano de Santo Diego de Canedo, en Ponteareas. Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo».