16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

Últimos días para inscribirse no Torneo de Nadal de Stella Maris

Últimos días para inscribirse no Torneo de Nadal de Stella Maris

A delegación de Stella Maris da diocese de Tui-Vigo organiza a III edición do Torneo de Nadal de fútbol sala que terá lugar no pavillón do Berbés, o domingo 22 de decembro, de 09.30  a 14:00 horas. Os mariñeiros e pescadores interesados en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a direccion@stellamarisvigo.com, co seu nome e teléfono móbil, antes do 10 de decembro.

Tras o éxito das edicións anteriores, que sumaron máis de medio centenar de persoas de diferentes nacionalidades —españois, senegaleses, peruanos ou indonesios, entre outros—, a delegación diocesana de Stella Maris impulsa de novo esta iniciativa co obxectivo de mesturar tripulantes con traballadores do porto, a través dunha actividade divertida que ofreza un pouco de lecer aos mariñeiros que, durante estas datas, permanecen na cidade de Vigo, sós, lonxe dos seus fogares. Tal e como explica o equipo de traballo, «o fútbol é un deporte que lle gusta a todo o mundo e, sobre todo, é un deporte en equipo que permite interactuar, socializar».