3/02/2023

,

San Blas
3/02/2023

,

San Blas

Un acto de comuñón e devoción á virxe María entre católicos e ortodoxos

Un acto de comuñón e devoción á virxe María entre católicos e ortodoxos

«Hoxe, nesta festa grande da virxe, xuntámonos os fieis ortodoxos e católicos a cantar este himno akáthistos á Inmaculada». Así se expresaba o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, durante o rezo do akáthistos —himno da liturxia oriental grega que medita sobre o misterio da maternidade de María—, que uniu ás comunidades católicas e ortodoxas na concatedral-basílica de Santa María para conmemorar a solemnidade da Inmaculada Concepción.

Para o canto deste himno utilizouse unha composición musical de Mons. Luigi Lasagna, salesiano contemporáneo a don Bosco, cuxa primeira parte foi interpretada polo coro católico dirixido polo prefecto de Música da catedral de Tui, Daniel Goberna, e acompañado polo órgano. A continuación, tomou a substitución o coro da comunidade ortodoxa da Coruña que cantaron a capela a segunda parte do himno.

Finalizado o canto do akáthistos, leuse o Evanxeo propio da liturxia deste día. Ao fío desta lectura, Mons. Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo, expresou que a nosa fe nos convida a camiñar xuntos con María, a vivir o gozo e o agasallo marabilloso da nosa fe como irmáns, con alegría, camiñando xuntos». A comunidade ortodoxa de Vigo cantou un pequeno himno á virxe María, tras a intervención do prelado tudense.

Unha vez finalizado o momento de oración, José Vidal, párroco de Santa María de Vigo, definiu este acto como «un acto de comuñón e de devoción» e expresou que «foi un acto fermoso». A este palabras sumouse o agradecemento «por querer estar aquí hoxe orando á nai de Deus cunha soa voz» ás dúas comunidades ortodoxas de Vigo e A Coruña, xunto ás persoas que formaron o coro de voces católicas. 

Sobre o akáthistos

Literalmente, a palabra grega akáthistos significa «non sentado» e fai referencia, precisamente, á forma na que se canta ou recita este himno: estando de pé —tal e como se escoita o Evanxeo na Igrexa occidental— en sinal de reverencia cara á nai de Deus. Trátase dunha celebre composición mariana de anónima autoría con máis de 1.500 anos de tradición na Igrexa oriental, cuxo rezo se estandariza a partir do ano 625 d.C. para agradecer á virxe María a súa protección tras o asedio da cidade de Constantinopla.

O akáthistos componse de 24 estacións divididas en dous partes: a primeira, realza poeticamente a anunciación e o nacemento de Xesús; a segunda, é un poema sobre a encarnación e a manifestación do amor de fillo de Deus pola creación. Así, a medida que se vai proclamando o himno, contémplase a María, como nai, no proxecto histórico-salvífico de Deus desde a creación ata o último cumprimento, uníndoa indisolublemente a Cristo e á Igrexa.

Católicos y ortodoxos rezan juntos a la virgen María | © Diocese de Tui-Vigo
Con motivo de la solemnidad de la Inmaculada Concepción, la diócesis de Tui-Vigo, junto a las comunidades ortodoxas de Vigo y A Coruña, han rezado el akáthistos en la concatedral-basílica.
« de 19 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp